Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O medio natural é un dos grandes valores de Tui. O río Miño e o Parque Natural do Monte Aloia son os buques insignia do Tui Natural.  O coñecemento do entorno serve tamén para aprender a amalo e a respectalo. As sendas que percorren os montes e as beiras do río Miño tentan facilitar ese coñecemento, ademais de proporcionar espazos para o deporte e o paseo. Pero o medio ambiente abrangue tamén o respecto polo mesmo cunha aposta inequívoca pola recollida selectiva e a compostaxe. O obxectivo é reducir ao 50% o lixo que depositamos na bolsa negra no ano 2020.

O persoal de obras asistiu a unha xornada no uso de formación en plataformas elevadoras

Undefined

O persoal do departamento de Obras do Concello de Tui asistiu no día de onte a unha xornada de formación no uso de plataformas elevadoras organizada pola concellería de Persoal en colaboración coa Autoescuela San Telmo.

Grazas a esta actividade formativa os empregados municipais puideron mellorar o actualizar os seus coñecementos no uso deste tipo de plataformas así coma nas medidas de seguridade que teñen que adoptar cando as empregan.

Tui avanza no obxectivo de potenciar a reciclaxe coa instalación de seis composteiros comunitarios

Undefined

O concello de Tui vén de instalar seis composteiros comunitarios dentro do compromiso municipal de reducir drasticamente a porcentaxe de residuos. En concreto, os seis novos composteiros comunitarios, ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, están situados no cruzamento entre a Avenida de Portugal e o camiño do Parador (xunto á gasolineira).

Ordenanza reguladora do ornato público e a limpeza viaria do Concello de Tui

A Ordenanza reguladora do ornato público e a limpeza viaria do Concello de Tui ten por obxecto regular, dentro da esfera das competencias municipais, o ornato público e a limpeza das vías, establecendo unhas normas xerais de actuación ao respecto, así como un sistema de infraccións e sancións para o caso de incumprimento. Foi publicada no BOP o venres, 8 de abril de 2016.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Medio Ambiente