Concedido ao Concello de Tui ao obradoiro dual de emprego “Senda río Furnia”
Tui. Luns, 1 de agosto de 2022.
O concello de Tui vén de recibir a notificación da Consellería de Emprego e Igualdade da concesión dunha subvención de 503.987,00 € para a realización do obradoiro dual de emprego “Senda río Furnia”, nas parroquias de Malvas e Pexegueiro. Trátase dun proxecto moi ambicioso que ten coma finalidade a formación en dúas profesións con gran demanda laboral




