O Consorcio do Louro pide reducir o consumo na medida do posible hoxe mércores ante as obras de reparación dunha avaría que obrigarán a cortar o subministro aos depositos
Hoxe mércores, o Consorcio de Augas do Louro, vai proceder á reparación dunha avaría rexistrada na Rede Xeral do Miño, tras detectar unha fuga na tubaxe que conecta a captación do río Miño coa ETAP de Chans. A avaría rexistrouse nunha tubaxe de gran diámetro, situada na Avenida da Concordia, e de complicada reparación. Por iso para levar a cabo o arranxo da avaría será preciso interromper o subministro aos depósitos durante todo o día.