Charlas informativas sobre prevención de incendios forestais e as faixas secundarias nas parroquias tudenses
Comezarán o luns no Centro Cultural de Rebordáns e continuarán por todas as parroquias
O Concello de Tui iniciará o próximo luns, 2 de marzo, unha serie de charlas informativas en todas as parroquias para achegar á veciñanza información sobre prevención de incendios e faixas secundarias. Con estas actividades dende a concellería de Medio Ambiente búscase ofrecer información detallada e pormenorizada de cada parroquia sobre a situación das faixas secundarias e as medidas a adoptar polas persoas para cumprir coa normativa.
A primeira charla será no centro cultural de Rebordáns o próximo luns día 2 de marzo ás 19 h. Continuarán o martes 3 ás 19.30 h en Pexegueiro; o mércores 4 ás 19.30 h en Baldráns; o xoves 5 ás 19.30 h en Pazos de Reis; e o venres 6 ás 19 h en Paramos.
A seguinte semana as charlas celebraranse o luns 9 ás 19.30 h en Caldelas; o martes 10 ás 19.30 h en Ribadelouro; o mércores 11 ás 19.30 h en Guillarei; o xoves 12 ás 19.30 h en Randufe; e o venres 13 ás 19.30 h en Areas. Finalmente, o luns 16 será ás 19.30 h en Malvas.
As charlas van dirixidas a toda a veciñanza e en especial para aquelas persoas propietarias dunha parcela nestas faixas secundarias. Nas mesmas darase a coñecer a normativa en vigor, as medidas a adoptar nestas zonas, e se resolverán as dúbidas que poidan xurdir.





