Proceso selección persoal obradoiro de emprego "REVALORIZA TUI 2021"
Finalizado o proceso selectivo se produciu a contratación do persoal para o desenvolvemento do Obradoiro Revaloriza Tui 2021
A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local.
Finalizado o proceso selectivo se produciu a contratación do persoal para o desenvolvemento do Obradoiro Revaloriza Tui 2021
Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 23/09/2021 se aprobou a lista de admitidos, o nomeamento do tribunal e a data do exame do proceso selectivo para a formación de lista de reserva de profesor de violin.
O exame será o vindeiro venres día 01/10/2021 nas instalacións da escola-conservatorio de música de Tui, as 09:00 horas.
O Concello de Tui promove unha xornada titulada “Turismo para un crecemento inclusivo” con motivo do Día Mundial do Turismo que se celebra o próximo luns. Será na Aula da UNED no antigo convento de San Domingos de 10 a 13 h. É preciso inscrición previa en turismo@tui.gal. Este é o programa previsto:
Programa “Turismo para un crecemento inclusivo”
10.15 h: Inauguración polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González
Os martes, mércores e xoves, do 21 e o 30 de setembro, de 15 a 16.30 h, terán lugar seis cursos en liña e gratuítos sobre en transformación dixital e emprendemento dirixidos a persoas emprendedoras, autónomas e PEMES. Forman parte do proxecto IniciaTic desenvolvido entre a Fundación Cibervoluntarios e o Ministerio de Traballo e Economía Social, contando neste caso coa colaboración do Concello de Tui.
No día de onte 08/09/2021, realizaronse as probas selectivas e valoración de méritos dentro dos procesos selectivos para a formación de lista de reserva de profesores de piano, óboe, clarinete e trombón.
Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións contra as puntuacións provisionais, prazo que remata o vindeiro martes día 14/09/2021
O proxecto Iniactic impartirá seis cursos gratuítos en liña sobre transformación dixital e emprendemento para persoas emprendedoras, autónomas e PEMES en colaboración co Concello de Tui
O calendario previsto é o seguinte:
Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 31/08/2021 se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso de selección para a constitución dunha lista de reserva para contratacións laborais temporais-nomeamentos interinos de prazas de operario de limpeza viaria.
Os aspirantes dispoñen de 5 días hábiles para presentar alegacions a lista provisional prazo que remata o vindeiro día 07/09/2021
Para mais información prema aquí
Con data 30/08/2021 se publicou anuncio da convocatoria e bases de selección para a formación dunha lista de reserva para contratacións laborais temporais de prazas de profesores de violín e outras asignaturas. O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles prazo que remata o día 13/09/2021.
Para mais información prema aquí
Rematadas as probas selectivas do proceso para a formación dunha lista de reserva para contratacions temporais de profesor de violin, publicanse as puntuacións outorgadas polo tribunal, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para a presentación de alegacións as puntuacións provisionais, rematado o prazo sen presentarse alegacións as mesmas serán consideradas definitivas en caso de alegacións as mesmas serán resoltas polo tribunal.
Quedan so dúas prazas para o curso básico de prevención de riscos laborais na construción que se vai celebrar en Tui do 6 ao 17 de setembro de luns a venres de 15.30 h a 21.30 h. Está organizado polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.
Este curso Básico de Prevención en Riscos Laborais ten cunha duración de 60 horas.