O 50% das persoas que se incorporaron á Bolsa Municipal de Emprego insertáronse ao mercado laboral en 2021
108 mulleres e 52 homes achégaronse a este servizo e 81 persoas atoparon un emprego
O 50,6% das persoas que ao longo do ano 2021 se incorporaron á Bolsa Municipal de Emprego Tui insertáronse no mercado local. En concreto foron 81 das 160 persoas atendidas no Servizo Municipal de Orientación ao longo do ano pasado.
Foron 108 mulleres e 52 homes os que ao longo dos últimos doce meses se achegaron a este servizo municipal que ten como finalidade mellorar a inserción laboral dos veciños e veciñas do concello de Tui a través da posta en marcha de políticas activas de emprego e de actuacións personalizadas adaptadas a realidade persoal e profesional de cada demandante e atendendo aos seus intereses persoais na busca de emprego.
Orientacion e información, deseño de itinerarios personalizados de inserción, derivación a recursos formativos e de emprego, prospección no mercado visible e no mercado oculto, intermediación a través da bolsa de emprego, impartición de talleres de emprego, así como acompañamento durante todo o proceso de busca de emprego son os servizos que a técnica municipal, o cargo do servizo, desenvolve coas persoas desempregadas ou en procura de mellora de emprego.
As persoas interesadas poden a través de este servicio municipal conseguir;
- Definir ou redefinir o seu obxectivo profesional
- Realizar o seu currículo
- Mellorar a empregabilidade
- Ferramentas e técnicas para a busca de emprego
- Información do mercado laboral
- Información e asesoramento sobre a acreditación da competencia profesional
- Asesoramento en formación
- Información sobre o sistema de garantía xuvenil
- Xestión da bolsa de emprego (intermediación entre ofertas e demanda local)
- Acompañamento no proceso de incorporación o mercado laboral
- Información sobre emprendemento
O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral do Concello de Tui está situado no Centro Municipal de Formación en Guillarei, atendendo ao público de luns a venres de 9 a 14 h previa solicitude de cita no 986 60 32 28.
A concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, explica que o “resultado do traballo realizado ao longo de 2021 é moi satisfactorio, e ten contribuído a que o nivel de desemprego en Tui acadara taxas inferiores ás rexistradas en 2019 – con anterioridade á pandemia – e que responde ao compromiso deste goberno cos problemas que preocupan aos seus veciños e veciñas, e que coma administración máis cercana ás persoas se preocupa por atender aínda non sendo competencias propias”.