Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición pública e prazo presentación alegacións a aprobación inicial do regulamento de teletraballo do Concello de Tui

7/12/2021

Prazo de presentación de alegcións a aprobación inicial

No pleno ordinario da corporación municipal de Tui do 25 de novembro aprobouse inicialmente a oo regulamento polo que se aproban os criterios para a prestación de servizos en réxime de teletraballo do Concello de Tui. 

O texto do regulamento exponse ao público por un prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, que se produce o día 07/12/2021, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado polas persoas que teñan a condición de interesadas na páxina web do Concello de Tui e na súa sede electrónica:https://concellotui.sedelectronica.gal/board.

No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado sen necesidade de novo acordo. En caso contrario o presente regulamento deberá ser obxecto de aprobación definitiva, previa resolución polo Pleno da Corporación das reclamación,suxestións ou alegacións presentadas.

O prazo de alegacións finaliza o día 20/01/2022