Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Centro Municipal de Formación e Emprego de Tui conta coa súa propia páxina en Facebook

1/02/2022

O Centro Municipal de Formación e Emprego, do Concello de Tui, pon en marcha hoxe, 1 de febreiro, unha páxina en Facebook na que achegará información sobre ofertas de emprego, cursos, orientación laboral, emprendemento, convocatoria de subvencións…

Os seguidores en Facebook de @CMFETui terán así de primeira man toda a información para a orientación para o emprego ou o emprendemento, así coma tamén as actividades formativas que se organizan dende o propio centro ou por outras entidades e que poden ser interese.