Reunión informativa sobre o programa Galicia Rural Emprende
11/01/2022
Mañá mércores, 12 de xaneiro de 2022, ás 18.30 h terá lugar unha reunión informativa sobre as Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, o programa Galicia Rural Emprende que vén de convocar o IGAPE. A reunión celebrarase a través da plataforma Zoom. O acceso á mesma será o seguinte.
- Reunión https://zoom.us/j/98124803802?pwd=MmdJdWM3c1RTb0dqaUJwOEllWE9JZz09
- ID de reunión: 981 2480 3802
- Código de acceso: Y746L4
Na reunión intervirán a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, e a CEO de IDAE Consultores, Anabel Díaz. Na mesma explicarán o obxectivo destas axudas, a quen van dirixidas, conceptos subvencionables, exemplos... e dará resposta ás preguntas e consultas que poidan plantexar as persoas participantes.