Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Obradoiro “IA para reducir custes na túa empresa” o próximo 10 de novembro en Tui

Undefined

“IA para reducir custes na túa empresa” é o título do obradoiro práctico e gratuíto que o martes 10 de novembro, de 15 a 17 h, se vai celebrar na Aula CEMIT de Tui. Esta actividade está organizada pola Oficina Acelera Pyme de ASIME, a Asociacion de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, coa colaboración do Concello de Tui.  O obradoiro será impartido por Joaquín González de Informática San Benito.

Tui aposta pola formación para o emprego cun novo curso de Atención Sociosanitaria no domicilio

Undefined

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, situado en Guillarei, acollerá do 21 de setembro ao 4 de novembro un curso de “Atención Sociosanitaria no domicilio”, unha iniciativa orientada á formación para o emprego e a facilitar a incorporación ao mercado laboral nun sector que presenta unha elevada demanda de profesionais.

Curso de dixitalización para persoas maiores na Aula CEMIT de Tui en outubro

Undefined

A Aula CEMIT de Tui, situada no edificio Francisco Sánchez, acollerá o próximo mes de outubro un curso de dixitalización para persoas maiores baixo a denominación de “Mellor Acompañad@”.  O curso, que ten carácter gratuíto, está organizado polo Concello de Tui e será impartido pola Fundación Amigos de Galicia.

Terá lugar o luns 19, xoves 22, luns 26 e xoves 29 de outubro de 10 a 12.30 h.

O Concello de Tui forma novos profesionais para dar resposta á falta de persoal na hostalaría

Undefined

O Concello de Tui vén de clausurar o curso de formación en hostalaría desenvolvido no Mercado Municipal de San Antonio entre o 29 de xuño e o 15 de xullo. Esta iniciativa permitiu formar a nove persoas desempregadas co obxectivo de facilitar a súa incorporación ao mercado laboral e, ao tempo, dar resposta á demanda de persoal cualificado por parte da hostalaría da contorna.

Vinte persoas formaranse en dúas profesións con gran demanda laboral no novo obradoiro de emprego do Concello de Tui

Undefined

Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Traballos de carpintería e moble son as dúas especialidades nas que van formar vinte persoas no obradoiro dual de emprego “Senda Río Miño: Tramo San Martiño” que foi presentado este mediodía.

Proceso selectivo 1 praza profesor piano-composición convocatoria ofertas 2023-2024-2025

Publícase o anuncio do BOPPO Nº 200 de 16/10/2026 da resolución do recurso de reposición contra as bases xerais e específicas da convocatoria de varias prazas vacantes das OEP 2023, 2024 e 2025.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles dende a publicación no BOE. Nestes intres aínda non se poden presentar as instancias.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego