Proceso selectivo operario limpeza funcionario carrera oferta 2022
Publicación no BOPPO nº 37 do 24.02.26 e no DOGA nº 63 de 07.06.2026 do nomeamento do aspirante como funcionario de carreira.
A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local.
Publicación no BOPPO nº 37 do 24.02.26 e no DOGA nº 63 de 07.06.2026 do nomeamento do aspirante como funcionario de carreira.
Realizada a proba de idioma galego, se publican as puntuacións da mesma, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións as puntuacións (ata o luns 06/04/2026), se houbese alegacións se resolveran as mesmas, en caso de inexistencia de alegacións, unha vez finalizado o prazo se entenderán definitivas, comezando o prazo dos 20 días naturais para a presentación de documentación pola aspirante proposta para ocupar a praza de operario de obras oferta 2022.
O Concello de Tui rexistrou no mes de agosto unha cifra histórica no nivel desemprego acadando o dato máis baixo da última década. Así pasou do 28,64% en 2014 ao 11,99% en 2024. Segundo os últimos datos, referidos ao mes de agosto, en Tui están inscritas nos servizos públicos de emprego 963 persoas.
A concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, amosa a súa satisfacción por este notable descenso do desemprego no municipio, destacando o bo resultado das políticas activas de emprego que se están impulsando dende o Concello.
Este venres, 27 de setembro, celebrarase na Aula Cemit no edifico Francisco Sánchez a formación “Emprega IA. Marca persoal e Intelixencia Artificial para o crecemento profesional das mulleres”.
Esta xornada formativa desenvolverase en horario de 9.30 a 13.30 h impartida por profesionais de Kidcode.
Con data 31.10.2025, reuniuse o tribunal do proceso selectivo, para a apertura do sobre coa identidade dos aspirantes do 1º exercicio e para a realización do 2º exercicio da fase de oposición, dando como resultado o anuncio das puntuacións finais e a proposta de nomeamento para a praza de funcionario de carreira de oficial de policía local.
Finalizado o prazo de alegacións do proceso selectivo para a contratación de 5 peóns de horticultura e xardinería vinculados o "Plan de prestación de servizos municipais 2024", mediante Resolución da Alcaldía de data 11/06/2024 se lles require os aspirantes a documentación necesaria para contratar dispondo dun prazo de de 2 días hábiles, prazo que remata o vindeiro xoves día 13/06/2024.
Entre xuño e novembro o Concello de Tui vai impartir un curso de “Dixitalización Aplicada”. Haberá seis quendas cunha duración de 30 horas lectivas cada quenda.
O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, en Guillarei, vai acoller un curso de "Dixitalización Aplicada". Haberá varias quendas, en horario de mañá e tarde, entre os meses de xuño e novembro. As clases serán de luns a venres de 9.30 a 13.30 h para os grupos de mañá, e de 16 a 19 h para os da quenda de tarde.
Ao longo de 30 horas lectivas as persoas participantes aprenderán Tecnoloxías Habilitadoras Dixitais, Información e Alfabetización Dixital, Comunicación e Colaboración en liña. Creación de Contidos Dixitais, Seguridade na rede, e Resolución de Problemas.
O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei está acollendo un curso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais cun total de 248 horas lectivas. Esta acción formativa está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
O Concello de Tui contratou este ano a 16 persoas ao abeiro da Liña 3 de Activación do Emprego 2024 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra. .
En concreto no mes de marzo foron contratados un oficial de segunda fontaneiro e un operario carpinteiro cunha duración de 9,5 meses. Este mes de abril contratáronse a 14 persoas, durante 6 meses, coma peóns de horticultura e xardinería.