PROCESO SELECTIVO ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A FORESTAL PLAN + PROVINCIA 2026
Mediante resolución de alcaldía de data 14/05/2026, aprobouse a contratación da enxeñeira técnica forestal do Plan + Provincia 2026.
A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local.
Mediante resolución de alcaldía de data 14/05/2026, aprobouse a contratación da enxeñeira técnica forestal do Plan + Provincia 2026.
O Concello de Tui, solicitou subvención á Deputación de Pontevedra, dentro da liña 3 do Plan Máis Provincia 2026, para a contratación de 6 persoas. Unha vez a subvención sexa concedida, realizaranse os procesos de selección.
As prazas que se ofertaran serán:
Dezaseis persoas véñense de incorpora a distintos servizos municipais tras ser contratadas polo Concello de Tui o abeiro da liña 3 do Plan + Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra.
En concreto foron contratados 14 peóns de horticultura, un oficial segunda fontaneiro e un operario soldador-cerralleiro de estruturas metálicas lixeiras.
A financiación dos contratos realízase a través da subvención da liña 3 do Plan + Provincia, cun importe para este ano 2025 de 222.200,16€, e cunha achega municipal de 5.348,97€.
Mediante resolución da Alcaldía de data 09/02/2026 (nº 2026-0169) aprobouse a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2026 para o Concello de Tui.
Mediante Resolución da Alcaldía de data 11/02/2026, rectificada o 12/02/2026, aprobouse a lista de reserva de operario de limpeza viaria para contratacións laborais temporais.
Mediante Resolución de data 16/04/2026 se alterou a orde da lista de reserva debido a renuncias o chamamento.
Mediante resolución da alcaldía de data 17/03/2026 contratouse a Dona Laura Formigo Louzao como profesora de piano 30 horas á semana, mediante contrato de circunstancias da produción e ata o remate do curso 2025-2026.
Oferta de emprego público ano 2025, publicada no DOG nº 242 de 16/12/2025.
Mediante Resolución da Alcaldía de data 27/10/2025 aprobouse a lista de reserva de arquitectos técnicos para nomeamentos interinos.
Mediante Resolución da Alcaldía de data 12/11/2025 iníciase o chamamento da lista de reserva de arquitectos técnicos, para o nomeamento interino vinculado a unha baixa de IT. Os aspirantes dispoñen do prazo de cinco (5) días hábiles para manifestar se están dispostos a aceptar o chamamento, e que remata o vindeiro día 19/11/2025.