Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiro “IA para reducir custes na túa empresa” o próximo 10 de novembro en Tui

19/10/2026

Está organizado por ASIME en colaboración co Concello de Tui. Ten carácter gratuíto

“IA para reducir custes na túa empresa” é o título do obradoiro práctico e gratuíto que o martes 10 de novembro, de 15 a 17 h, se vai celebrar na Aula CEMIT de Tui. Esta actividade está organizada pola Oficina Acelera Pyme de ASIME, a Asociacion de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, coa colaboración do Concello de Tui.  O obradoiro será impartido por Joaquín González de Informática San Benito.

As persoas participantes aprenderán a empregar ferramental sinxelas de IA para optimizar os recursos do seu negocio. Será unha sesión 100% práctica na que coñecer como dar a IA as instrucións precisas, como automatizar tarefas administrativas, analizar as contas ou crear un axudante virtual.

O obradoiro vai dirixido a autónomos, microempresas, comercios locais, e pemes de calquera sector.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do formulario dispoñible na páxina web de ASIME.

Inscrición