Centro Dramático Galego con "Neorretranca e posmorriña"
“Neo-retranca e post-morriña” é o título da última montaxe do Centro Dramático Galego que este venres, 10 de maio, ás 20.30 h chega ao Teatro Municipal de Tui.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
“Neo-retranca e post-morriña” é o título da última montaxe do Centro Dramático Galego que este venres, 10 de maio, ás 20.30 h chega ao Teatro Municipal de Tui.
Na mañá de hoxe tivo lugar na casa do concello a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Tui e a Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, antigamente Asociación Musicais de Tui, organizadora do IKFEM, Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade Tui-Valença. Asinaron o convenio o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a directora do IKFEM, Andrea González.
Tui celebra mañá o día grande das Festas de San Telmo, nunha xornada na que é festivo local na cidade. Os actos programados comezan na rúa Loureiro coa tradicional Feira Cabalar que reunirá a miles de persoas ao longo da mañá. Entre as actividades previstas estará o poni club para os máis pequenos, unha proba competitiva de potencia de salto a cabalo, ou unha exhibición de doma de alta escola a cargo da Asociación de Cabalo Galego. Tamén coma novidade este ano premiarase ao conxunto xinete/cabalo mellor presentado.
Tres son as exposicións que se poden visitar no edifico Área Panorámica durante as festas de San Telmo: unha sobre os 70 anos da escultura de Rosendo Salvado, outra sobre o Teatro Principal, e unha terceira de pintura da tudense Rosa María Vila Iglesias.
Este domingo, 28 de abril, ás 18.00h, terá lugar en Tui o concerto “Badaladas de San Telmo”, o primeiro concerto de campás que se celebra na cidade. Baixo a coordinación artística do festival Música no Claustro e a batuta da soprano e etnomusicóloga Montserrat Palacios e o compositor e artista sonoro Llorenç Barber, preto de 25 voluntarios, con e se experiencia musical, van a tocar as campás da Catedral de Tui, do Convento das Clarisas, da Igrexa de San Francisco e da Igrexa de San Telmo.
As actividades para público infantil e o concerto de grupos locais, xunto a Semana de Teatro Amador centran mañá venres a programación das Festas de San Telmo en Tui.
Mañá venres, 26 de abril, ás 12 h terá lugar no salón de sesións da casa do concello de Tui a presentación do concerto “As Badaladas de San Telmo” que se vai celebrar este domingo dentro da programación das festas de San Telmo.
Fin de semana musical neste peche das Festas de San Telmo 2019. O prato forte da festividade chega o sábado, ás 23.30h co concerto de Blas Cantó na rúa Ourense. O exmembro do grupo Auryn chega a Tui dentro da xira de presentación do seu primeiro álbum Complicado, no que se inclúe o seu gran éxito El no soy yo que o situou na cabeza das listas musicais do momento e co que logrou o disco de ouro e de platino. O domingo será a quenda de Javier Gurruchaga e a Orquestra Mondragón que actuarán tamén na rúa Ourense ás 22.30h.
A programación das festas de San Telmo mañá xoves comeza coas actividades infantís, que cambiaron de emprazamento, e se celebrarán de 11 a 13 h no Centro Sociocomunitario de Tui, na rúa Colón. Os cativos e cativas de 5 a 16 anos elaborarán mañá imáns realizando o seu deseño.
Ás 16.30 h terá lugar a proxección da película “Capitán Calzoncillos” dentro da programación de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.
A promoción do deporte será un dos eixos da programación prevista mañá mércores, 24 de abril, dentro das festas de San Telmo. No novo pavillón municipal, na rúa Coengo Valiño, de 11 a 14 h os nenos e nenas dende os 6 anos poderán practicar bádminton, xadrez e tenis de mesa da man dos clubs Bádminton Tui e Xadrez Tui.
Por outra parte a construción dun barco con material de refugallo centrará as actividades infantís para nenos e nenas de 5 a 16 anos que dende as 11 h se celebrarán no Centro Sociocomunitario na rúa Colón.