Xoán Curiel con “A casa do terror”
O xoves, 27 de setembro, ás 19.00 h no Teatro Municipal acolle a Xoán Curiel con “A casa do terror" dentro do programa Falaredes de Dinamización Lingüística. É un espectáculo de teatro, música, clown, e danza dirixido a nenos de 7 a 12 anos.
Cancións, danzas, teatro, clown e a participación do público para contar a historia dun grupo de amigos que se ve na obriga de durmir nun edificio encantado. Todo da man de Xoán Curiel acompañado pola banda Son+d2 e bailarina Marta Alonso.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.