Ian & Elisa de Inglaterra con "Cousas de nenos"
O venres, 1 de marzo ás 20:00h o Teatro Municipal de Tui acolle o espectáculo "Cousas de nenos" coa maxia de Ian & Elisa de Inglaterra
Corido e ilusión mestúranse coa maxia, a comedia e as sombras chinesas. Ian i Elisa levarán a pequenos e maiores a mergullarse nun mundo imaxinario onde todo é posible.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.