Talía Teatro con "Vida de cans"
Talía Teatro presenta "Vida de cans" o sábado, 7 de marzo, ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui
Sinopse: Comedia absurda, paródica e metafórica que reflexiona sobre a liberdade e como a encara cada quen. Tres actores, tres cans, afrontan a vida nun recinto pechado ou a busca da liberdade en función da súa personalidade.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.