O Teatro Municipal acolle este venres o espectáculo musical “A fiestra dos soños”
Este venres, 26 de outubro, ás 20.00h o Teatro Municipal de Tui acolle o espectáculo musical “A fiestra dos soños” da compañía Trotaventos a Santiago. O espectáculo de Manuel Boquete e Ramón Feans está baseado no libro de poemas ilustrados e musicados que da nome a obra, “A fiestra dos soños”. É un concerto para soñadores que permite ao público asistente achegarse a un mundo máxico da man dos diferentes ritmos e compases.
 




Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.