Presentación da Xornada sobre San Domingo: arte e historia
O próximo luns, 5 de agosto, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da Xornada sobre San Domingos: arte e historia que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui e da Asociación Amigos da Catedral. Esta Xornada sobre San Domingo vaise celebrar o próximo mércores 7 de agosto.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Javier Añoveros.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.