Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Asociación Muiñeiros do río Tripes

A Asociación “Muiñeiros do Río Tripes” é unha asociación sen ánimo de lucro, que ten como ámbito a provincia de Pontevedra, desenvolvendo as súas actividades primordialmente no sendeiro do río Tripes na localidade de Tui.

Os fins principias da asociación son: a promoción de accións de fomento do patrimonio cultural do entorno etnográfico, arquitectónico e paixaxístico do río Tripes (Tui), a divulgación e difusión da flora e fauna do entorno dos Muiños do río Tripes e o fomento do folclore tradicional.

Ao longo do ano realiza distintas actividades de mantemento. recuperación e posta en valor dos muíños. Anualmente celebra roteiros polos muíños do Tripes, e no mes de maio celebra a festa de "Os nosos fariñeiros: burros e muíños".