Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Visita guiada gratuíta á Ruta dos Pasos de Auga en Ribadelouro

Undefined

O Obradoiro de Emprego Percorre Tui deseñou dúas novas rutas no municipio a dos “Pasos da Auga” e a de “Porta do río Tripes” que poñen en valor o patrimonio natural e cultural do municipio e que en parte transcorren polo Camiño de Santiago. Para dalas a coñecer o Concello de Tui organiza dúas visitas guiadas gratuítas, o martes 13 e o xoves 22, a cargo do alumnado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do obradoiro Percorre Tui.

Alumnado do Obradoiro Percorre Tui realizou hoxe visitas inclusivas para os participantes no Campamento de Un Máis

Undefined

 Alumnado da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante”  do obradoiro de emprego “Percorre Tui”  realizaron ao longo desta mañá varias visitas guiadas para os nenos e nenas de 4 a 18 anos que están a participar no campamento inclusivo que dende comezos de mes imparte a Asociación Un Máis.  No campamento están a participar 25 nenos e nenas, dos que 13 teñen TEA, xunto a voluntarios e monitores.

Reabre o Centro de Interpretación “Tui, Porta do Camiño Portugués a Santiago” no convento de San Domingos

Undefined

O Centro de Interpretación “Tui, Porta do Camiño Portugués de Santiago”, situado no convento de San Domingos, en pleno trazado do Camiño de Santiago, está novamente aberto ao público.

Alumnos e profesores do Obradoiro de Emprego xunto a técnicos da Oficina de Turismo son os encargados de atender aos visitantes que se acheguen até este punto, podendo realizar tamén aquí o selando a Credencial do Peregrino. O horario de apertura é de luns a venres de 9 a 14 h.

Visitas Guiadas

Durante os meses de xullo e agosto hai as seguintes visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui.

Visita á Xudería

  • Venres, sábados e domingos ás 20 h
  • Saída dende a Oficina de Turismo, na praza de San Fernando

Visita ao Museo Diocesano

  • De luns a venres - salvo festivos - ás 13 h 
  • Donaitvo 1€
  • Punto de encontro praza do Concello

Este venres comezan as visitas guiadas á Xudería de Tui

Undefined

Este venres póñense en marcha as visitas guiadas gratuítas ao conxunto histórico de Tui centradas este ano no patrimonio xudeu. Realizaranse os venres, sábados e domingos ás 20 h con saída dende a Oficina de Turismo, na praza de San Fernando, cun percorrido pola xudería tudense con lugares coma a Sinagoga, a Casa de Salomón, a menorá da Catedral, entre outros elementos. Será conducida polo historiador tudense Suso Vila.

A Avenida de Portugal será remodelada cun investimento de 750 mil antes do Xacobeo 2021

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou hoxe a súa satisfacción polo compromiso do goberno central para levar a cabo a remodelación da Avenida de Portugal dende a vella Ponte Internacional até o cruzamento co Parador de Turismo. Así llo confirmou a subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba, na reunión que mantiveron este mediodía na casa do concello.  O alcalde lembrou que esta era unha vella demanda da cidade que fóra xa obxecto dunha moción plenaria en 2011 e que cando chegaron ao goberno en 2015 foi a primeira memoria valorada que realizaron.

O alumnado dos obradoiros de emprego presentaron o seu traballo ao alcalde de Tui e aos concelleiros de Turismo e Formación e Emprego

Undefined

Na mañá de onte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto coa concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, acudiron á presentación dos proxectos que están a levar a cabo os alumnos e alumnas dos obradoiros de turismo e de confección e publicación de páxinas web. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo