Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Mañá celébrase a Xornada Turismo e Emprego: un futuro mellor para todos

Undefined

Mañá venres, 27 de setembro, celébrase na aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingo, a Xornada “Turismo e Emprego: un futuro mellor para todos” organizada polo Concello de Tui. 
No acto de inauguración participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo, María José Echevarria, a concelleira de Formación e Emprego de Tui, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e o vereador de Turismo de Valença, José Monte.
O programa a desenvolver é o seguinte:
Ás 9.30h Acto de inauguración

As novas oportunidades do turismo coma xerador de emprego serán analizadas nunha xornada en Tui

Undefined

“Turismo e emprego: un futuro mellor para todos” é título da xornada que se vai celebrar o próximo venres, 27 de setembro, en Tui coa que o Concello se suma á conmemoración do Día Mundial do Turismo.  Terá lugar ao longo da mañá na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, e pola tarde está prevista unha visita guiada.

Esta xornada foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

Mañá preséntanse as xornadas “Emprego e Turismo” que se van celebrar o próximo venres 27 de setembro

Undefined

Mañá venres, 20 de setembro, ás 10 h, na sala de reunións da casa do concello de Tui presentaranse as Xornadas “Turismo e Emprego, un futuro mellor”, que o próximo venres, 27 de setembro se van celebrar en Tui coincidindo co Día Mundial do Turismo. 

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

Dezaoito restaurantes de Tui participan nas xornadas de gastronomía xudía con menús con pratos de bacallau

Undefined

Dezaoito restaurantes tudenses terán nas súas cartas pratos de bacallau durante este mes de setembro, a iniciativa gastronómica enmarcase dentro das xornadas de gastronomía xudía, que é unha das actividades organizadas polo Concello de Tui dentro do programa das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que anualmente organiza a Rede de Xuderías de España, e que este ano chegan a súa edición número 20.

I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui

O Concello de Tui, a través das concellerías de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso Fotográfico “Enmárcate en Tui”.

Neste concurso poderán participar todas as persoas maiores de idade, que o desexen, cun máximo de dúas fotografías tomadas no marco situado na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes, na rúa Martínez Padín, podendo aparecer nas mesmas o número de persoas que o autor estime oportuno   

Hoxe abre o prazo para participar no I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui

Undefined

O Concello de Tui, a través das concellerías de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso Fotográfico “Enmárcate en Tui”. No mesmo poderase participar coas instantáneas  realizadas utilizando o marco que está situado na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes, na rúa Martínez Padín.

Neste concurso poderá participar todas as persoas maiores de idade, que o desexen, cun máximo de dúas fotografías. As fotografías debe ser tomadas no marco instalado nesa zona, podendo aparecer na mesma o número de persoas que o autor estime oportuno   

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo