Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Eris Mackenzie actuará no Festival Boas Vibes

Undefined

Eris Mackenzie é un dos artistas que actuará no Festival Boas Vibes que se vai celebrar o sábado, 6 de setembro, na Alameda de San Domingos. Cun son de indie-pop electrónico estará en concerto ás 22 h pechando unha xornada chea de música e actividades para a mocidade.

Eris Mackenzie é o proxecto en solitario do galego Carlos Eirís. Autodidacta no ámbito musical, a través da súa paixón e inquedanza, quixo experimentar con distintos instrumentos e técnicas.

Programa Feminino Plural

O Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, pon en marcha un novo programa de actividades “Feminino Plural”.

Cunha variada proposta de actividades, búscase visibilizar o papel das mulleres na sociedade, reforzar o seu benestar integral e favorecer o seu empoderamento persoal e colectivo.

As actividades previstas son as seguintes. 

Festival Boas Vibes

O sábado, 6 de setembro, de 11 a 00 h, vaise celebrar na Alameda de San Domingos o Festival Boas Vibes. Será un punto de encontro entre a mocidade, a creatividade e a cultura.  

O Festival Boas Vibes promove a igualdade a través da cultura en vivo: música, break dance, beat box, arte urbana, mercado creativo e encontros inspiradores, ademais dunha zona gastro que promova un espazo de lecer alternativo para as xeracións máis novas.

O benestar e empoderamento das mulleres centra o programa Feminino Plural

Undefined

O benestar e empoderamento das mulleres centra o programa de actividades “Feminino Plural” posto en marcha polo Concello de Tui a través da concellería de Igualdade.

Esta nova edición está creada especificamente para as mulleres, co obxectivo de abrir espazos de encontro, autocoidado e reflexión arredor da igualdade. Deste xeito, a través dunha variada proposta de actividades, búscase visibilizar o papel das mulleres na sociedade, reforzar o seu benestar integral e favorecer o seu empoderamento persoal e colectivo.

Tui celebrará o festival Boas Vibes o sábado 6 de setembro

Undefined

Un punto de encontro entre a mocidade, a creatividade e a cultura. Así será o Festival Boas Vibes que se celebrará en Tui o sábado, 6 de setembro.  Esta iniciativa posta en marcha no outono de 2024 pola concellería de Igualdade, da un paso máis converténdose nun festival co que despedir co verán, tras o éxito acadado na primeira edición. Volverá a promover as “boas vibras”  poñendo a igualdade de oportunidades, o respecto, a cohesión social e a corresponsabilidade no centro.

O programa Feminino Plural ofrece unha actuación multidisciplinar, integral e feminista ás mulleres tudenses

Undefined

O Concello de Tui desenvolverá durante este mes de agosto e o de setembro o programa “Feminino Plural”. Promovida pola Concellería de Igualdade trátase dunha iniciativa integral, multidisciplinar e profundamente feminista que pon no centro ás mulleres e as súas realidades, e que responde á urxencia de actuar fronte ás múltiples formas de violencia e desigualdade estrutural que aínda sofren as mulleres hoxe en día. “Feminino Plural” é unha declaración de intencións e de acción pola igualdade.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Igualdade