Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

O Mercado Elas Facedoras pon en valor a creatividade feminina

Undefined

Dentro da programación do 8M, o Día Internacional da Muller, o Concello de Tui vai por en valor a creatividade feminina co II Mercado Creativo Elas Facedoras esta fin de semana no Espazo Sociocultural. Participarán vinte mulleres presentando as súas propostas en pintura, cerámica, gastronomía, xoiería, coiro… Deste xeito apóstase pola visibilización das artesás e dos seus produtos. A exposición e venda completarase cun amplo programa de actividades tanto na xornada do sábado coma do domingo.

A maxistrada Paz Filgueira dará mañá lectura ao manifesto do 8M en Tui

Undefined

A maxistrada Paz Filgueira será mañá venres a encargada de dar lectura ao manifesto do 8M en Tui. Será no acto central que se celebrará dende ás 19 h no Teatro Municipal. Paz Filgueira na actualidade é maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela con competencia en violencia sobre a muller. É especialista en violencia de xénero no ámbito penal e laboral por acreditación do Consello Xeral do poder Xudicial, forma parte da asociación de Xuízas e Xuíces para a Democracia, na que durante tres anos coordinou a Comisión de Violencia de Xénero.

Programación 8M

Baixo o lema “Dereitos, Xustiza e Acción, por e para todas”, neste 8M,  Día Internacional da Muller, o Concello de Tui deseñou unha ampla e diversa programación situando no centro do debate a necesidade de avanzar cara a unha xustiza real e efectiva para as mulleres.

Tui conmemora o 8M reivindicando unha sociedade máis xusta e igualitaria

Undefined

Baixo o lema “Dereitos, Xustiza e Acción, por e para todas”, neste 8M,  Día Internacional da Muller, o Concello de Tui apela ao cumprimento efectivo da Lei de Igualdade, poñendo o foco na necesidade de que os dereitos conquistados se traduzan en xustiza e acción concreta na vida cotiá das mulleres.

O Concello de Tui, a través da Concellería de Igualdade, deseñou para este 8M unha ampla e diversa programación situando no centro do debate a necesidade de avanzar cara a unha xustiza real e efectiva para as mulleres, en consonancia co chamamento de ONU Mulleres para este 2026.

Tui conmemora o 25N baixo o lema “O noso corpo, campo de batalla”

Undefined

O Concello de Tui realizará mañá martes, 25 de novembro, dous actos para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres,  baixo o lema “O noso corpo, campo de batalla”.  Cos mesmos fará unha chamada á reflexión colectiva sobre as violencias que atravesan a vida das mulleres e á responsabilidade compartida de combatelas.

A programación deste ano aposta pola creación artística, a expresión performativa e a participación da comunidade escolar e da cidadanía. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Igualdade