Campamento Tecnolóxico 2025 - Documentación a presentar
Campamento Tecnolóxico 2025 - Documentación a presentar
Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.
Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre información, asesoramento e asistencia a mulleres”.
Campamento Tecnolóxico 2025 - Documentación a presentar
Campamento Tecnolóxico 2025 - Bases
O espectáculo “Asdomare” de Vero Rilo e Sonsoles Penadique pecha este domingo, ás 12.30 h no Mercado de San Antonio a programación do 8M organizada polo Concello de Tui.
Neste espectáculo, “Asdomare”, dirixido a público familiar Vero Rilo e Sonsoles Penadique contarán unha historia que levará ao público a coñecer a realidade das mulleres do mar, ou do mar das mulleres. É tamén a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cú da raíña, os cantos das conserveiras... Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.
O espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela acolle o sábado 22 e o domingo 23 o Mercado Elas Facedoras dentro da programación do 8M “Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre”. Participarán preto dunha trintena mulleres amosando as súas creacións en artesanía, decoración, moda, téxtil, gastronomía, xoiería, agasallo, ilustración, pintura ou escritura.
Participantes
O espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá este sábado 22 e este domingo 23 o Mercado Elas Facedoras dentro da programación do 8M “Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre”. Participarán preto dunha trintena mulleres amosando as súas creacións en artesanía, decoración, moda, téxtil, gastronomía, xoiería, agasallo, ilustración, pintura ou escritura.
O mercado contará amais cun programa de actividades complementarias, que incluirá unha mesa de debate, actuacións musicais e monólogos de humor.
A programación do Concello de Tui “Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre” polo 8M, Día Internacional da Muller, continúa este xoves, 20 de marzo, coa presentación do libro “As benfaladas” de María Xosé Porteiro.
María Xosé Porteiro é xornalista, escritora, política e feminista radicada en Vigo dende a súa adolescencia. Na súa faceta como escritora publicou varios libros, como “Quen é quen no primeiro Parlamento Galego” (1981); “A comunicación en Galicia” (1999); “Covardes” (2000); ou “Vine, vi... y hablé. Las mujeres frente al discurso público” (2012).
A programación do Concello de Tui “Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre” polo 8M, Día Internacional da Muller, continúa mañá mércores ás 18 h no edificio Francisco Sánchez. Será cun encontro con Ivonete da Silva, autora da tradución do libro da estadounidense Mikki Kendal “Feminismo de barrio”.
Mikki Kendall é ensaísta, activista e crítica estadounidense recoñecida pola súa loita contra o racismo.
O Teatro Municipal de Tui encheuse onte á noite para reivindicar a igualdade no acto institucional do 8M. Un acto que como sinalou o alcalde, Enrique Cabaleiro, se realiza dende “a plena convicción de que os poderes públicos, e os repersentantes públicos, temos a responsabilidade de liderar, dende o discurso e dende o exemplo, as reivindicacións do movemento feminista”. Nunha situación cunha realidade con “certos nubarróns no horizonte” desexaba o rexedor tudense que “ogallá as nosas fillas acaden unha plenitude de dereitos e liberdades”.
O Teatro Municipal de Tui vai acoller mañá sábado, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o acto institucional organizado polo Concello de Tui para conmemorar este día. Un evento de recoñecemento que porá en valor o papel das mulleres na sociedade, recoñecendo a súa loita, talento e contribución en diferentes ámbitos.
A proxección do documental "Prefiro condenarme", dirixido pola prestixiosa cineasta Margarita Ledo Andión abre este xoves, 6 de marzo, a programación do 8M que o concello de Tui conmemora baixa o lema “Os Nosos Dereitos, hoxe, mañá e sempre!”, reafirmando o compromiso coa igualdade e a visibilidade das loitas femininas ao longo da historia.
A cita será ás 19:00 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Tras a proxección o público poderá participar nun encontro coa autora.