Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.
Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre información, asesoramento e asistencia a mulleres”.
Vense de publicar a listaxe de persoas admitidas, reservas e excluídas por quendas para o Campamento de Verán Igual É + 2024.
Cada participante deberá solicitar (ata as 14.00 horas do día 12/06/2024) a carta de pago da cota de inscrición das quendas solicitadas:
Ultímanse os detalles para “Orgullo e punto” a xornada que terá lugar este sábado, 1 de xuño, dende ás 10.30 h, na Alameda de San Domingos de Tui que estará chea de creatividade, diversidade, inclusión… e que vai dirixida a toda a familia. A organización corresponde ao Concello de Tui e TejeTui
Tui prepara un amplo programa de actividades dirixidas a toda a familia para conmemorar o Día Internacional de Tecer en Público e o mes do Orgullo. Será o próximo sábado, 1 de xuño, nos xardíns da Alameda de San Domingos.
Baixo o nome de “Orgullo e punto” desenvolverase unha xornada inclusiva e teceril organizada polo Concello de Tui e TejeTui. Promóvese así a convivencia e a corresponsabilidade nun evento diverso e igualitario para todas as persoas.
O sábado 1 de xuño, na Alameda de San Domingos, celebrarase "Orgullo e Punto" con actividades dirixidas a toda a familia para conmemorar o Día Internacional de Tecer en Público e o mes do Orgullo.
É unha xornada inclusiva e teceril organizada polo Concello de Tui e TejeTui. Promóvese así a convivencia e a corresponsabilidade nun evento diverso e igualitario para todas as persoas.
Do 29 de abril ao 10 de maio, o Concello de Tui terá aberto o prazo de inscrición para participar no Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2024, que se celebrará en catro quendas, nos meses de xullo e agosto.