Listaxe Campamento Tecnolóxico 2024
Listaxe Campamento Tecnolóxico 2024
Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.
Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre información, asesoramento e asistencia a mulleres”.
Listaxe Campamento Tecnolóxico 2024
O Concello de Tui amplía a oferta de campamentos para este verán na cidade coa organización de dúas novas iniciativas coas que facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares de verán. As persoas interesadas poden presentar a solicitude de praza dende hoxe mesmo e até o próximo martes 18. Estes campamentos ofrecerán actividades educativas e recreativas que non só divertirán aos máis pequenos, senón que tamén promoverán o seu desenvolvemento persoal e tecnolóxico. Ambos contan co financiamento do Plan Corresponsables.
Este verán o Concello de Tui achega unha experiencia de aprendizaxe e diversión: o Campamento Tecnolóxico “Smart Explorers Tui”.
O Concello de Tui organiza un Campamento de Verán de Aventuras de Intelixencias Múltiples que brindará un verán cheo de emoción, diversión e aprendizaxe, onde cada neno e nena descobre e potencia os seus talentos únicos.
No Campamento de Verán de Intelixencias Múltiples, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, vivirán unha experiencia única, chea de aventuras, aprendizaxe e diversión, mentres exploramos e desenvolvemos as distintas intelixencias múltiples nunha contorna segura, estimulante, respectuosa e en contacto coa natureza.
Vense de publicar a listaxe de persoas admitidas, reservas e excluídas por quendas para o Campamento de Verán Igual É + 2024.
Cada participante deberá solicitar (ata as 14.00 horas do día 12/06/2024) a carta de pago da cota de inscrición das quendas solicitadas: