Este xoves preséntase en Tui o libro “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro” de Óscar Pazos Rodríguez
Este xoves, 3 de outubro, ás 20 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica terá lugar a presentación do libro “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia” de Óscar Pazos Rodríguez. Con esta presentación ábrense as actividades de animación á lectura organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Tui co gallo do Día da Biblioteca que se celebra o xoves 24 de outubro.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.