Presentación do V Concurso de Gaita e Tamboril e Día da Muiñeira
Mañá xoves, 4 de xullo, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o V Concurso de Gaita e Tamboril e o Día da Muiñeira que se van celebrar esta fin de semana en Tui.
Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Educación e Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Conchi Sales, Raquel Hernández Fernández e Verónica Morais Olalla, presidenta, secretaria e vogal da Asociación San Telmo, organizadora dos eventos.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.