Cinema: Peter Rabbit

Data:
7/08/2020
Lugar:
Paseo Fluvial
O Paseo Fluvial acollerá o venres, 7 de agosto, ás 22.15 h a proxección da película "Peter Rabbit" dentro da programación do verán en Tui. A capacidade está limnitada para 300 persoas previa reserva de entrada en www.enterticket.es
A personaxe creada por Beatrix Potter vive novas aventuras nun filme dirixido por Will Gluck e protagonizado por Dani Rovira, Belén Cuesta e Silvia Abril.
ENTRADAS
- Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 3 de agosto. Máximo 3 entradas por persoa
- Acceso á proxección 60 minutos antes do inicio, por orde de chegada
- As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa
PROTOCOLO COVID19
- Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
- Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
- Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
- A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
- As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento