Vendidas máis do 60 % das entradas para o “O Conto de Nadal” para as dúas funcións da fin de semana
En apenas unhas horas onte vendéronse máis do 60% das localidades posta á venda para o espectáculo “Conto de Nadal” que este sábado e o domingo chegará ao Teatro Municipal de Tui. Foi tanta a demanda que por momentos colapsou o sistema de venda de entradas por internet.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.