Tui regresa ao medievo da man do Festival Arraianos do 30 de agosto ao 1 de setembro
Tui volverá facer unha viaxe á época medieval do 30 de agosto ao 1 de setembro da man do cuarto Festival da Cultura Arraiana, Arraianos. Cada ano na cidade ábrese un desfase temporal polo que regresa a distintas épocas do pasado debido ás avarías que sofre unha máquina do tempo deseñada por unha científica tola. Así comezou hai catro anos un festival que dende o primeiro momento contou coa involucración da cidadanía, do comercio e da restauración local, e que edición a edición vai gañando adeptos tanto entre tudenses coma entre visitantes.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.