Festas na honra a San Telmo
Suspendidas debido á pandemia do coronavirus
Tui celebrará do 11 ao 20 de abril de 2020 as súas festas patronais na honra a San Telmo. Declaradas de Interese Turístico Galego.
O luns 20 de abril, será Luns de San Telmo, día grande en Tui na honra do patrón da cidade, da diocese e dos homes do mar. A súa solemne procesión pechará dez días de festexos, nos que pequenos e maiores gozarán do programa festivo no que a cidade porá en valor as súas singularidades. Música, deporte, festa, gastronomía, … Uns festexos para vivir!





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.