Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns de San Telmo entregaranse os Premios Cidade de Tui a Silverio Rivas, a Alberto Estévez Piña e á Residencia San Telmo

31/03/2021

O concello elaborou unha programación cultural de San Telmo con actividades para todos os públicos.

Mercedes Peón, Víctor Coyote e Andrea Pousa actuarán no Teatro Municipal de Tui 

O Concello de Tui presentou esta mañá o programa de actividades de San Telmo a celebrar dende o mércores 7 de abril até o luns 12 de abril, festividade de San Telmo e festivo local en Tui.. 
O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, foron os encargados de dar a coñecer a programación elaborada. 

Ambos lembraron coma o ano pasado a situación epidemiolóxica obrigou a celebrar un San Telmo virtual. Sinalaron que na proposta de actividades para este ano conxúgase o cumprimento das medidas sanitarias   co feito de sacar adiante unha intensa axenda cultural para estes sete días.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacaba coma novidade a entrega dos Premios Cidade de Tui, nun acto institucional que se celebrará o luns, 12 de abril, ás 13 h no Teatro Municipal. O rexedor tudense explicou, esta mañá, que era unha vella aspiración do equipo de goberno poder levar a cabo este recoñecemento de forma institucional “para todas as persoas e colectivos que traballaron e fixeron deste concello o que é”.  Os galardoados serán o escultor Silverio Rivás, a título póstumo Alberto Estévez Piña, e coma colectivo a Residencia San Telmo.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indicaba que “é unha programación pensada para que as xentes de Tui poidan disfrutar duns días de agasallo cultural e de lecer”, destacando que “a cultura é segura”.

Repasou polo muído a oferta prevista que se estruturará en pasarrúas, actuacións na carpa que se situará no Paseo da Corredoira, e no Teatro Municipal. 

O próximo luns, 5 de abril, ás 20 h en tui.gal habilitarase a reserva gratuíta de entrada para todos os espectáculos previstos tanto na carpa na Corredoira coma no Teatro Municipal de Tui. Poderanse reservar un máximo de dúas localidades por persoa. 

As actividades previstas encherán as rúas de cor coas actuación de Asacocico. Barafunda, Pista Castro, Fantoches Baj e Troula Animación. Cada xornada dende o martes 7 ao luns 12 haberá dous pases ás 17 h e ás 19 h. 

Mentres na carpa situada no Paseo da Corredoira, con capacidade para 120 persoas, actuarán cada xornada ás 18 h Pista Catro con “Lila Star”; Paco Nogueiras con “Brinca Vai”; Circo Chosco con “Riscando o ceo”; Fran Rei con “O Superheroe”; o Mago Teto con “Novas Tolemaxias”; e Uxía Lambona e a Banda Molona.

O Teatro Municipal será o escenario da cita prevista cada día ás 20 h cun aforo de 180 persoas. O mércores 7 proxectarase a película “Ons” e o xoves 8 Butaca Zero representará  a obra teatral “32m2”. Na fin de semana a música será a protagonista co concerto “Retornos” de Andrea Pousa o venres, coa presentación de “Déixaas” de Mercedes Peón o sábado; e con Víctor Coyote co seu último traballo “Las Comarcales” o domingo. 

A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá o concerto de peche desta programación de actividades de San Telmo o luns ás 20 h no Teatro Municipal. E previamente na carpa situada no Paseo da Corredoira actuará, ás 12 h, as sección de vento madeira o sábado, vento metal o domingo e os grupos de cámara o luns.  
Non faltarán nesta cita as charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos que farán un pasarrúas no Paseo da Corredoira ás 13 h do sábado e domingo, respectivamente. 
Amais dende o martes 7 ao luns 12 poderase visitar na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica a mostra “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”.

Programación de Actividades de San Telmo 2021 
Do 7 ao 12 de abril 
•    Na Sala de Exposicións Municipal “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”
Mércores 7
•    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs ASACOCIRCO “De Frac”
•    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PISTA CATRO “Lila Star”
•    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs ASACOCIRCO “De Frac”
•    Ás 20 h no Teatro Municipal CINEMA “Ons”
Xoves 8
•    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs BARAFUNDA “3 Pompeiras”
•    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PACO NOGUEIRAS “Brinca Vai”
•    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs BARAFUNDA “3 Pompeiras”
•    Ás 20 h no Teatro Municipal BUTACAZERO “32m2
Venres 9
•    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs PISTACATRO “O Circo“
•    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira CIRCO CHOSCO “Riscando o Ceo”
•    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs PISTACATRO “O Circo“
•    Ás 20 h no Teatro Municipal ANDREA POUSA “Retornos”
Sábado 10
•    Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento madeira da Banda de Música Popular de Tui
•    Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs Charanga A TU RITMO
•    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
•    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira FRAN REI “Superheroe”
•    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
•    Ás 20 h no Teatro Municipal MERCEDES PEÓN “Déixaas”
Domingo 11
•    Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento metal da Banda de Música Popular de Tui
•    Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs  Charanga CANTOS SOMOS
•    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
•    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira MAGO TETO “Novas Tolemaxias”
•    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs  TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
•    Ás 20 h no Teatro Municipal VICTOR COYOTE “Las Comarcales”
Luns 12
•    Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Grupos de Cámara da Banda de Música Popular de Tui
•    Ás 13 h no Teatro Municipal Gala de entrega dos Premios Cidade de Tui
•    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Polis‐Tolos”
•    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA
•    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Polis‐Tolos”
•    Ás 20 h no Teatro Municipal BANDA MUSICA POPULAR DE TUI

Notas
    Na Carpa no Paseo da Corredoira capacidade limitada a 120 cadeiras
    No Teatro Municipal de Tui capacidade limitada a 180 butacas
    Reserva de entradas en tui.gal dende o luns, 5 de abril, ás 20 h. Máximo 2 entradas por persoa. O acceso ao espectáculo permitirase dende 30 minutos antes do inicio. As entradas non validades 10 minutos antes do comezo poderán ser reasignadas. 
    No caso de meteoroloxía adversa os pasarrúas e os espectáculos previstos na carpa poderán ser adiados ou suspendidos. Informarase o mesmo día ás 12 h nas redes sociais municipais. 

 

Programación Cultural San Telmo 2021