XXXIII Desfile – Concurso de Comparsas e Grupos
O martes, 25 de febreiro de 2020, celébrase en Tui o Martes de Entroido, data que será festivo local na cidade.
Trece comparsas participarán neste Desfile Concurso de Entroido. A representación local virá man das comparsas tudenses Cantos Somos; Arume de Malvas; Lembranzas da Terra de Guillarei, Entroido de Pexegueiro e da Comisión de Festas de Nosa Señora da Guía de Randufe.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.