Presentación do LV Descenso Internacional do Miño
Mañá mércores, 19 de agosto, ás 12.00 horas, na rúa Olímpicos Tudenses, ao carón do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, terá lugar a presentación do LV Descenso Internacional do Miño.
O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
Mañá mércores, 19 de agosto, ás 12.00 horas, na rúa Olímpicos Tudenses, ao carón do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, terá lugar a presentación do LV Descenso Internacional do Miño.
O río Miño marca a identidade de Tui, a súa paisaxe, e as súas xente e tamén as súas festas. Mañá sábado o Miño é protagonista coa súa festa na que piragüismo, gastronomía e música se suceden ao longo de doce horas en escenarios coma a ribeira de Caldelas, o propio río, a praia de Areeiros, a rúa Olímpicos Tudense, e a rúa Compostela.
O luns 24 de agosto celebrarase a tradicional Concentración Cabalar de San Bartolomeu, coincindindo cos festexos na honra a San Bartolomeu. Será na rúa Loureiro. O programa previsto é o seguinte:
Aquí tes a transcrición coa capitalización normal:
Concentración Cabalar
24 luns agosto | San Bartolomeu
Programa
O remeiro tudense Borja Núñez Martínez, membro do Club Remo do Miño, foi recibido este mediodía na casa do Concello de Tui tras proclamarse na fin de semana campión do Mundo Sub19 de Remo Olímpico en Plovdiv, Bulgaria, na modalidade catro sen temoeiro. Logrou o título mundial xunto aos andaluces Juan Jesús Ortega do Club Náutico de Sevilla, Robert Privistirescu de Club Tiempo Libre El Ejido e Manuel Cruz do Real Círculo de Labradores.
O Concello de Tui realizará mañá mércores 12, ás 13.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, a recepción oficial ao remeiro do Club Remo do Miño, Borja Núñez Martínez, que se proclamou esta pasada fin de semana, Campión do Mundo Sub19 de remo olímpico en Plovdiv (Bulgaria), na modalidade catro sen temoeiro, xunto aos andaluces Juan Jesús Ortega (Club Náutico de Sevilla), Robert Privistirescu (Club Tiempo Libre El Ejido) e Manuel Cruz (Real Círculo de Labradores).
A praza da Inmaculada volverá ser este domingo unha gran bancada para seguir o partido de España ante Arxentina na final do Mundial 2026.
Agárdase que centos de persoas volvan vivir a emoción dun encontro tan decisivo, como ten acontecido nas fase anteriores dende os oitavos ante Portugal, os cuartos con Bélxica, as semifinais con Francia e agora a final ante Arxentina.
Tui continúa a vibrar coa Selección Española no Mundial. De novo mañá martes, 14 de xullo, a praza da Inmaculada converterase nunha gran bancada para seguir o partido de semifinais entre España e Francia a partir das 21 h. Instalarase unha pantalla de grandes dimensións - 3 m alto por 6,5 m ancho - onde seguir toda a emoción do encontro.
Tui continúa así con La Roja, logo de que centos de persoas asistiran xa aos dous últimos partidos nesta céntrica praza tudense. Mañá volverase vivir con intensidade cada minuto do partido buscando o pase á final do Mundial.
Todo preparado en Tui para desfrutar do partido de cuartos de final do Mundial 2026 que hoxe venres ás 21 h disputan España e Bélxica. Un partido que se vivirá na rúa, na praza da Inmaculada de Tui.
O Concello de Tui coloca unha pantalla xigante, de maiores dimensións que a colocada o pasado luns, nesta céntrica praza para vivir o partido no que España busca clasificarse para as semifinais e manter o seu soño no Mundial de Estados Unidos, México e Canadá.
A partir das 19 h haberá sesión dj e gastronomía.
Todo preparado en Tui para desfrutar do partido de oitavos de final do Mundial 2026 que hoxe luns ás 21 h disputan España e Portugal. Un derbi ibérico que se vivirá na rúa, na praza da Inmaculada de Tui.
O Concello de Tui coloca unha pantalla xigante nesta céntrica praza para vivir o partido no que España busca clasificarse para os cuartos de final e avivar o seu soño no Mundial de Estados Unidos, México e Canadá. Para iso deberá superar a resistencia da Portugal que dirixe o español Roberto Martínez.
O pavillón deportivo municipal Gustavo Rodríguez acollerá este domingo, 28 de xuño, dende ás 10.30 h o XII Encontro Ibérico de Kung Fu Eurocidade. O Club Ximnasia e Auga de Tui organiza esta competición en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu.
Competirán arredor de 350 deportistas, das categorías alevín, infantil, junior, senior e veteranos.