O luns inaugúrase en Tui a exposición “Rompe. Xoga en Igualdade”
O próximo luns, 2 de marzo, ás 12 h na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica será inaugurada a exposición “Rompe. Xoga en igualdade”. Trátase dunha exposición itinerante da Deputación de Pontevedra que neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.