Tui reclama unha igualdade real e efectiva coa campaña “Somos e seremos Inmarcescibles”
A praza do Concello acolleu hoxe o acto institucional da campaña “Somos e seremos Inmarcescibles” para conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller. A lectura dun manifesto, poesía e a presentación dalgunhas das Mulleres Senlleiras 2020 centraron o evento realizado. Estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, membros da corporación municipal, representación de distintos centros educativos e público en xeral.




