Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Exposición pública e prazo de presentación de alegacións á aprobación inicial da ordenanza da Zona Azul Gratuíta

Undefined

No pleno ordinario da corporación municipal de Tui do 25 de novembro aprobouse inicialmente a ordenanza reguladora do estacionamento con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta). 

O texto da ordenanza exponse ao público por un prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Aprobación inicial Ordenanza Zona Azul Gratuíta

Aprobada inicialmente a ordenanza reguladora do estacionamento con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta) por acordo do Pleno de data 25 de novembro de 2021, queda exposto ó público xunto co texto da ordenanza que se insire a continuación, por un prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Mañá preséntase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”

Undefined

Mañá martes, 30 de novembro, ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal, no edificio  Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”. Esta publicación ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. A edición da guía corresponde ao concello de Tui contando co financiamento da Deputación de Pontevedra. 

A Mesa do Camiño reunida esta semana en Tui avaliou a situación actual e as perspectivas no ámbito do Camiño de Santiago e a peregrinación

Undefined

A Mesa Local do Camiño reuniuse o pasado martes 16 de novembro na Casa do Concello de Tui, nunha xuntanza presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e na que participaron os representantes dos distintos sectores – aloxamentos, restauración, servizos aos peregrinos, igrexa e movemento asociativo xacobeo – que forman parte da Mesa. Tamén estivo presente un representante de Turismo de Galicia, neste caso Ildefonso de la Campa, director de Administración do Xacobeo.

O Concello de Tui está a traballar na modificación da ordenanza do lixo

Undefined

O Concello de Tui está a traballar na modificación da ordenanza do lixo. Para iso está a reunir toda a información necesaria para poder realizar un estudo rigoroso que permita abordar a modificación desta taxa.

O estudo realizado por unha empresa externa a solicitude do que naquel momento era concelleiro encargado de Turismo Laureano Alonso, presenta deficiencias importantes nas súas conclusións, segundo explican dende o equipo de goberno.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía