Convocatoria Sesión Plenaria 2/2024 de pleno extraordinario do xoves, 1 de febreiro de 2024
Convocatoria Sesión Plenaria 2/2024 de pleno extraordinario do xoves, 1 de febreiro de 2024
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria Sesión Plenaria 2/2024 de pleno extraordinario do xoves, 1 de febreiro de 2024
Establecer a prioridade peonil, mellorando a calidade xeral, e garantindo a accesibilidade universal serán os obxectivos dos proxectos que se van redactar na Avenida da Concordia e en Areas. Para a súa redacción o Concello de Tui recibirá unha subvención de 48.460,50 euros da Deputación de Pontevedra coma concello pertencente á Rede Ágora dentro da convocatoria para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables.
O Plan de dinamización da área de rexeneración urbana de interese autonómico, Área Rexurbe, de Tui vén de ser aprobado polo Consello da Xunta de Galicia onte xoves, 25 de xaneiro. Trátase dun instrumento de planificación plurianual no que se integran actuacións a nivel arquitectónico e urbanístico, dirixidas a fomentar as políticas de rehabilitación e a mellora dos espazos e equipamentos públicos, e outras que buscan unha reactivación económica, demográfica e social do dito ámbito.
Contraproduccións, Rilo e Penadique, Roi Borrallas, Gramola Gominola e Con de tres pés actuarán no Teatro Municipal de Tui nos meses de febreiro e marzo. As funcións terán lugar cada venres e inclúen tamén a proxección de “O corno” de Jaione Camborda.
Esta nova programación está formada por un total de seis espectáculo dirixidos tanto a público adulto coma familiar. As entradas están xa á venda a través de tui.gal e poderán adquirirse até 10 minutos antes do inicio da cada función.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana María Núñez, teñen realizado no marco da Feira Internacional de Turismo, FITUR),que se desenvolve nestas xornadas en Madrid, diversos encontros para a promoción do legado patrimonial xudeu na nosa cidade a través da Red de Juderías – Caminos de Sefarad no seu stand nesta feira.
A corporación municipal de Tui celebra mañá martes, 23 de xaneiro, ás 9 h pleno de carácter extraordinario, será a sesión 1/2024, cun punto único.
Será a designación, mediante sorteo, das persoas que integrarán as mesas electorais correspondentes ás eleccións autonómicas convocadas para o vindeiro 18 de febreiro de 2024
Un total de 27 embarcacións, de 4x e 8+, de 14 clubs galegos e portugueses participarán este sábado na XLIII Regata Miño Internacional. A proba está organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.
Mañá xoves, 18 de xaneiro, ás 11.30 horas, no salón de plenos do concello de Tui, terá lugar a presentación da XLIII Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 20 de xaneiro, organizado polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.
O Consello de Goberno da Radio Municipal de Tui está xa constituído para os próximos catro anos. Está presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que onte non puido asistir á reunión de constitución.