Bando Consulta dos Datos de Inscrición no Censo Electoral Eleccións Europeas 9 de xuño de 2024
Bando Consulta dos Datos de Inscrición no Censo Electoral Eleccións Europeas 9 de xuño de 2024
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Bando Consulta dos Datos de Inscrición no Censo Electoral Eleccións Europeas 9 de xuño de 2024
A Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, acolle mañá venres pola tarde dúas presentacións literarias.
Por unha banda ás 18 h terá lugar a presentación de “Voces de un pueblo represaliado” de José Antonio Bao Lemos. O autor, natural de Vigo e afincado en Salceda, será presentado por Xurxo Vaqueiro, e participará tamén no acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Mañá xoves, 18 de abril, na casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade, competición federada organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que terá lugar este sábado 20 e domingo de 21 de abril, no pavillón deportivo municipal de Valença.
Ante as afirmacións vertidas en prensa polo Grupo Municipal do Partido Popular de Tui no referente a cantidade de 400 mil euros que manifestaron que non se gastara en servicios sociais, o goberno municipal aclara que nada máis lonxe da realidade.
Este venres, 12 de abril, ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez, terá lugar a presentación do libro “Las costuras del guión: textos de cine y vida” unha recompilación de escritos do cineasta tudense Daniel Domínguez. No acto participarán Pepe Coira, acreditado produtor e guionista, e editor desta obra, así como o cineasta Carlos Amil. Ambos amigos de Daniel Domínguez e compañeiros na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Tamén participará o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
O Consello Superior de Deportes, en resolución provisional asinada polo seu Director Xeral, vén de aprobar unha subvención de 197.489,35 euros para a reforma das piscinas municipais, resolvendo así unha solicitude do Concello de Tui realizada ao abeiro das axudas convocadas por ese organismo para titulares de infraestruturas para a mellora e optimización de instalación e espazos deportivos que fomenten o turismo deportivo sostible, con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Aprobada inicialmente a Ordenanza reguladora do Mercado Municipal de Abastos do Concello de Tui por acordo do Pleno de data 1 de abril de 2024, queda exposto ó público o expediente, por un prazo de trinta días hábiles, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións e suxestións que estimen oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Aprobada inicialmente a Ordenanza reguladora do Servizo de Taxis no Concello de Tui por acordo do Pleno de data 1 de abril de 2024, queda exposto ó público o expediente, por un prazo de trinta días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións e suxestións que estimen oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Unha imaxe da Catedral e de San Telmo ilustran o Cupón da ONCE dedicado ás Festas de San Telmo en Tui que hoxe foi presentado na casa do concello polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde. Os cinco millóns de cupóns, que están dende hoxe á venda en toda España, corresponden ao sorteo do próximo xoves 11 de abril.
Deporte, concertos, gastronomía, verbenas, espectáculos para público familiar,… forman parte da ampla programación que dende mañá sábado e até o luns terá lugar en Tui nos días grandes das Festas de San Telmo, declaradas de Interese Turístico Galego. O luns será festivo local en Tui.