A corporación municipal celebra este xoves, 27 de marzo, pleno ordinario
A corporación municipal de Tui celebrará este xoves, 28 de marzo, ás 20 h pleno de carácter ordinario. Esta é a orde do día da sesión:
A) PARTE RESOLUTIVA
1. Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 6 de febreiro de 2025.
2. Toma de posesión de D. Ernesto Cañedo Sainz do cargo de concelleiro da Corporación Municipal de Tui.
3. Expediente 617/2025. Ditame para aprobación da modificación de créditos 2/2025 -Crédito extraordinario 1/2025.
4. Expediente 242/2025. Ditame para aprobación do RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CREDITOS Nº1-2025
5. Expediente 1373/2025. Ditame para aprobación da modificación de créditos 6/2025 - 2 Crédito extraordinario.
6. Expediente 1379/2025. Ditame para aprobación da modificación de créditos 7/2025 - 1 Suplemento de crédito.
7. Expediente 3527/2024. Ditame para resolución das alegacións presentadas no período de información pública trala aprobación inicial da Ordenanza reguladora do sistema de control de matrícula por cámaras do acceso de vehículos a zonas con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta) do Concello de Tui.
8. Expediente 3842/2024. Expediente 3842/2024. Ditame para aprobación da modificación da Ordenanza sobre a regulación do tráfico no Conxunto Histórico de Tui. Concello de Tui
9. Expediente 4686/2024. Ditame para aprobación de ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA ACTUACIÓN MUNICIPAL DE CONTROL PREVIO OU POSTERIOR AO INICIO DE APERTURAS DE ESTABLECEMENTOS.
10.Expediente 745/2025. Ditame para APROBACIÓN DE ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENZAS URBANÍSTICAS OU POLA REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS DE CONTROL NOS SUPOSTOS DOS ACTOS SUXEITOS A DECLARACIÓN RESPONSABLE OU COMUNICACIÓN PREVIA.
11.Expediente 4161/2024. Ditame para aprobación de bonificación do ICIO correspondente ás obras de “REHABILITACIÓN DE VIVENDA INTERIOR EN EDIFICIO” no inmoble sito na RÚA SEIXAS, 8.
12.Expediente 4791/2024. Ditame para aprobación de bonificación do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE GALERÍA” no inmoble sito na RÚA PRACER, 16.
13.Expediente 540/2025. Ditame para aprobación da bonificación do ICIO correspondente ás obras de “REFORMA DE CUBERTA” no inmoble sito na RÚA SANZ, 1.
14.Expediente 4479/2024. Ditame para aprobación da bonificación do ICIO correspondente ás obras de REFORMA INTERIOR DE VIVENDA” no inmoble sito na RÚA SAN TELMO, 52.
15.Expediente 3355/2024. Ditame de aprobación de bonificación do ICIO correspondente ás obras de obras de “REHABILITACIÓN DE TELLADO DO MUÍÑO DE FÓRA” situado no REGATO DO SEIXAL.
16.Expediente 946/2024. Ditame para aprobación de imposición de penalidades por incumprimento do Contrato de servizos de limpeza de dependencias.
17.Expediente 2708/2022. Ditame para aprobación de rectificacións no Inventario de vías e camiños municipais.
18.Expediente 366/2019. Ditame para aprobación de inclusión en cumprimento de sentenza, do Camiño BA-04003 no inventario de vías e camiños municipais.
19.Expediente 4680/2024. Ditame para autorizar compatibilidades no sector público e actividades privadas a Don Fabio Salgado Hermida, profesor de violín 6 horas a semana, persoal laboral fixo a tempo parcial.
20.Expediente 4699/2024. Ditame de compatibilidades a Eloy Carrera Bernárdez persoal laboral fixo, profesor de trombón a 18 horas a semana.
21.Expediente 4696/2024. Moción ditaminada para aprobar a candidatura do Concello de Tui para concorrer á convocatoria de Recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia.
22.Expediente 1598/2025. Moción presentada polo Grupo Municipal do BNG en relación coa Sanidade Pública para solicitar apoio á manifestación do 6 de abril.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
23.Dación de conta das resolucións ditadas por alcaldía e concelleiras/os delegados/as desde a a núm. 2025-0075-de 28.01.2025 ata a núm. 2025-0459 de 21.03.2025.
24.Dación de conta do Expediente 394/2025. Liquidación orzamento xeral 2024
25.Dación de conta do Expediente 1365/2025. Plan orzamentario 2026-2028
26.Dación de conta do Expediente 460/2025. Avance liquidación orzamento xeral 4º trimestre 2024
27.Dación de conta do Expediente 3980/2024. MOROSIDADE - PMP 4º TRIMESTRE 2024
28.Expediente 2682/2024. Dación de conta do mantemento da bonificación do 50% do ICIO para as obras de reforma de planta primeira para 4 vivendas na rúa Augusto González Besada, 1.
C) ROGOS E PREGUNTAS
29.ROGO do BNG PARA O TRASLADO SEN PERDA DOS FENTOS PRANTADOS NA PRAZA DA INMACULADA.
30.ROGO DO BNG PARA A VENDA DE ENTRADAS FÍSICAS NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI .
Convocatoria Sesión Plenaria 2/2025 Ordinaria do xoves, 27 de marzo de 2025