Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Corenta equipos participan no Galician Rising Stars Cup

Undefined

Tui vaise converter esta fin de semana no epicentro futbolístico da zona ao acoller o Galician Rising Stars. Este I Torneo Internacional de fúbtol 11 vaise celebrar dende mañá venres, 7 de xuño, nas instalacións deportivas Álvarez Durán, nas categorías cadete e infantil.

Participarán 40 equipos, xogaranse 76 partidos que sumarán 30 horas de deporte.

Presentación da Fase de Ascenso Sénior de Baloncesto

Undefined

Mañá venres, 7 de xuño, ás 10.30 horas, no pavillón municipal de Tui, terá lugar a presentación da Fase de Ascenso Senior de Baloncesto que esta fin de semana se vai celebrar en Tui.

A presentación contará coa presenza do alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, de Miguel González, vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, Miguel González, vicepresidente, e Alejandro Carreto presidente do CB Tui, e Javier Niño, coordinador deportivo do club.

Cooperación e aprendizaxe en Italia

Undefined

Ollar cara a Europa para seguir aprendendo doutros territorios rurais. Ese era o obxectivo da visita de estudo realizada por unha delegación de EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño a Italia, tres xornadas nas que coñecer a fondo o traballo do Gruppo de Azione Locale del Ducato (GAL del Ducato) para achegarse a boas prácticas, recoller novas experiencias e inspirarse para seguir crecendo e innovando no rural.

Presentación do torneo de fútbol 11 “Galician Rising Stars Cup”

Undefined

Mañá mércores, 5 de xuño, ás 12.00 horas, no Campo Municipal de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, terá lugar a presentación oficial do “Galician Rising Stars Cup”, torneo de fútbol 11 organizado polo Club Rising Star, coa colaboración do Concello de Tui e o Tyde F.C.. O Galician Rising Stars Cup celebrarase esta fin de semana reunindo a máis de 700 futbolistas das categorías cadete e infantil, tanto de Galicia como de Portugal.

Aberta a ponte sobre regato Fonte do Febreiro en Paramos tras rematar as obras de reconstrución

Undefined

Dende hai uns días está xa operativa a ponte sobre o regato Fonte do Febreiro, en Paramos. En abril comezaron as obras de reconstrución desta infraestrutura que que se vira afectada polas intensas choivas de xaneiro de 2023, obrigando daquela a cortar o tráfico rodado.  

Tui acolle o martes a XLIV reunión da Comisión Permanente Internacional do río Miño

Undefined

A Casa do Concello de Tui acollerá o vindeiro martes, 28 de maio, a partir das 10.00 h a XLIV reunión da Comisión Permanente Internacional do Río Miño, CPIRM, á que asistiran a delegación española e portuguesa presididas respectivamente por cadanseu embaixador e que reúnen a representantes das diversas entidades de ambos países con competencias na xestión do tramo internacional do río Miño.

Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño visitan Italia para coñecer novas experiencias de desenvolvemento

Undefined

Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño exploran novas experiencias e aprenden doutros territorio para seguir crecendo e innovando no rural. Unha delegación composta por alcaldesas, alcaldes, edís e persoal técnico percorre estes días a rexión de Emilia-Romaña, en Italia, para coñecer de primeira man experiencias de desenvolvemento económico, turístico e social nunha zona vitivinícola de gran parecido con Galicia. Unha viaxe de estudo que permitirá recoller ideas e achegarse a prácticas exitosas que poidan ser implementadas no territorio para potenciar o desenvolvemento rural.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía