Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Alianza estratéxica entre o Concello de Tui e o grupo turístico Tui para promoción da cidade

24/01/2025

O alcalde reuniuse co CEO da compañía con sede en Alemaña e líder mundial do sector

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse co CEO do grupo Tui, Sebastian Ebel, en Madrid. O encontro marca o inicio dunha alianza entre ambas entidades para a promoción turística e patrimonial da cidade que frutificara esta primavera coa presentación dun avión co nome de “Cidade de Tui”, por parte da compañía internacional.

No encontro que mantiveron, no marco de FITUR, o CEO de Tui confirmou o compromiso da empresa, con sede en Alemaña e que opera en máis de 100 destinos, para  divulgar a través da súa area de negocio todos os recursos patrimoniais e turísticos que ten o concello de Tui, entre outras iniciativas que abordarán próximamente na visita que van realizar a Tui.

Na TUI Executive Dinner o  alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, tivo tamén a oportunidade de trasladar á secretaria de Estado de Turismo, Rosario Sánchez Grau, as liñas de traballo que se están a realizar tanto para a promoción turística da cidade, coma para a celebración do oitavo centenario da Catedral, solicitando a súa colaboración.  

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, amosa a súa satisfacción por este pasos importantes dados no traballo para a promoción turística da cidade que se deron estes días en FITUR.