Asemblea cos veciños de Guillarei e Paramos
O sábado, 24 de novembro, ás 11h no Centro Cultural de Guillarei o alcalde de Tui célebrará unha nova asemblea cos veciños de Paramos e Guillarei.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
O sábado, 24 de novembro, ás 11h no Centro Cultural de Guillarei o alcalde de Tui célebrará unha nova asemblea cos veciños de Paramos e Guillarei.
O goberno municipal de Tui volverá levar ao pleno ordinario deste mes a proposta para realización dun plan de mellora do departamento de Urbanismo do Concello. Así o avanzou o alcalde, Carlos Vázquez Padín, logo de que esta proposta quedara sobre a mesa na sesión de outubro.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu hoxe unha carta á ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, na que solicita que o seu ministerio proceda á xestión oportuna para executar o proxecto de desentullo da zona de cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión á empresa Tragsa.
O Concello de Tui é xa o propietario do Teatro Principal de Tui, logo de que onte na notaría de Tui tivera lugar a sinatura da escritura de compra-venda, por importe de 30 mil euros, entre a Fundación Teatro Principal e o Concello de Tui.
O Concello de Tui convoca hoxe martes, 13 de novembro, ás 11.30h un minuto de silencio diante da casa do concello en solidariedade co municipio de Guadix, logo da explosión rexistrada onte que causou tres vítimas mortais e varios feridos.
A incorporación dunha disposición adicional na Lei do Solo permitirá darlle encaixe legal á reconstrución das vivendas afectadas na zona cero de Paramos que estaban fóra de ordenación. Esta foi unha petición que o Concello de Tui presentou á Xunta de Galicia para garantir así que todas as vivendas existentes previa a explosión do 23 de maio se lles poderá dar licenza para a súa reconstrución.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, recibiu onte unha carta da ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxel Batet, na que lle comunica que tras recibir as cartas remitidas dende o Concello de Tui de data de 3 de outubro e 6 novembro, deu traslado das mesmas á Secretaría de Estado de Politica Territorial, para que dean resposta á maior brevidade posible.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reunirase este sábado cos veciños afectados pola catástrofe de Paramos. Será en asemblea que convoca para este sábado, 10 de novembro, ás 11h no Centro Cultural de Guillarei.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, convoca para este sábado, 10 de novembro, ás 11h no Centro Cultural de Guillarei unha asemblea cos veciños de Paramos e Guillarei afectados pola explosición do 23 de maio. O obxectivo desta reunión é informar do resultado da viaxe a Madrid que realizou esta semana. Tamén aproveitará para repasar as últimas medidas adoptadas polo concello relacionadas coa catástrofe de Paramos, dando conta da situación actual.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, desprazouse a Madrid onde hoxe entregou persoalmente nos ministerios de Política Territorial e Interior dúas cartas dirixidas aos seus titulares, Meritxell Batet e Fernando Grande-Marlaska. Previamente diante do Ministerio de Política Territorial, portando un saco de entullo da zona cero de Paramos, lembrou a falla de concreción do goberno central sobre as actuacións no barrio da Torre en Paramos.