Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

“Coñece Tui co seu alcalde” título das tres visitas guiadas que guiará o rexedor tudense

Undefined

“Coñece Tui co seu alcalde” é o título das tres visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui que se van celebrar este domingo 12 de agosto, o luns 13 e o martes 14 guiadas polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín.

Trátase dun percorrido dunha hora aproximadamente que partirá ás 20.30h dende a Praza da Inmaculada. O domingo realizarase en galego, o luns en castelán e o martes en inglés.  O alcalde conducirá aos asistentes polas rúas da cidade histórica.

Máis de 1400 persoas participarán no Descenso Internacional e no Popular o sábado 18 de agosto

Undefined

O río Miño será o protagonista o próximo sábado, 18 de agosto, en Tui coa celebración do 47º Descenso Internacional do Miño e o 8º Descenso Popular do Miño organizado polo Club Kaiak Tudense Axuda Paramos, o Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo. As dúas probas reunirán a máis de 1400 padeeiros batendo todo un récord de participación a catro días de que se peche a inscrición.

Mañá preséntase o XLVII Descenso Internacional do Miño e o VIII Descenso Popular do Miño

Undefined

Mañá mércores, 8 de agosto, ás 11.30 horas, fronte ao pantalán da instalación do Centro Municipal de Piragüismo de Tui, realizarase a presentación do XLVII Descenso Internacional do río Miño e do VIII Descenso Popular do Miño, probas organizadas polo Club Kaiak Tudense-Axuda Paramos, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo, que terán lugar o sábado 18 de agosto.

O Consorcio do Louro prestará o servizo de baleirado de fosas sépticas domésticas

Undefined

O Comité Directivo do Consorcio do Louro, do que forma parte o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto aos representantes dos concellos de O Porriño, Mos e Salceda, Marcos Besada, na súa reunión do pasado luns día 30 de xullo, acordou prestar os servizos de baleirado de fosas sépticas, transporte e xestión dos lodos na depuradora de Guillarei.

A corporación municipal celebra mañá mércores pleno extraordinario

Undefined

A corporación municipal de Tui celebra mañá mércores, 1 de agosto, pleno de carácter extraordinario cun único punto na orde do día. 

ORDE DO DÍA

A) Parte resolutiva:

Único.- Expediente 2489/2017.- Aprobación provisional do proxecto de modificación puntual nº 1 do PXOM no ámbito dos sectores urbanizables SU2A e SU2B, con ordenacións detalladas. 

Convocatoria pleno

Bando afectados explosión de material pirotécnico en Paramos

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, emitiu un bando o 24 de maio de 2018, no que se informa que:

Tras a explosión pirotécnica en Paramos/Guillarei do día 23 de maio de 2018, estableceuse un sistema de inscrición das persoas afectadas.

Que para poder constar de forma efectiva como persoa afectada é imprescindible que se realice a inscrición nesta base de datos.

Terán que facela todas as persoas afectadas independentemente da importancia do dano sufrido, ou de que dispoñan ou non de seguro que cubra os danos.

Hoxe xoves, ás 20h, celébrase o pleno ordinario correspondente ao presente mes de xullo

Undefined

A corporación municipal de Tui celebra hoxe xoves, 26 de xullo, ás 20h pleno de carácter ordinario coa seguinte orde do día:

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión ordinaria nº 7/2018, de 28 de xuño.

2º.- Expediente 263/2018. Ditame desfavorable da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de proposta de Alcaldía, de data de data 16/07/2018, de aprobación definitiva do Orzamento Xeral do Concello de Tui para o ano 2018 e as súa bases de execución.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía