Convocatoria Sesión 8/2018 Pleno Ordinario xoves, 26 de xullo
Convocatoria da sesión de pleno ordinario 8/2018 do xoves, 26 de xullo de 2018.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria da sesión de pleno ordinario 8/2018 do xoves, 26 de xullo de 2018.
O Concello de Tui leva máis de dúas décadas colaborando coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí no programa “Vacacións en paz”. Unha iniciativa que permite a nenos e nenas saharauís pasar o verán en Galicia, lonxe das inhóspitas condicións do deserto, e acceder a unha asistencia sanitaria que no seu lugar de orixe é moi difícil. Este ano son sete nenas e un nenos os que até comezos do mes de setembro pasarán esta época estival no seo de familias acolledoras nas comarcas do Baixo Miño e do Val Miño.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Tui concedeu esta semana á Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia a licenza municipal de rehabilitación, reforma e cambio de uso do edificio situado na praza de Galicia, que anteriormente se destinaba a centro de saúde. O orzamento de execución de obra supera o 1,4 millóns de euros.
Hoxe venres, 13 de xullo, ás 11h no salón de sesións da casa do concello de Tui, o alcalde, Carlos Vázquez Padín, recibirá aos nenos e nenas saharauís que pasan o seu verán en Tui e no resto dos concellos do Baixo Miño dentro do programa “Vacacións en Paz”.
A música encherá o verán tudense nos distintos actos previstos dende esta fin de semana até o mes de setembro. A programación, que inclúe tamén cinema, deporte e gastronomía, foi presentada este mediodía na casa do concello. Esta oferta cultural vén recollida no número 36º da Axenda Corredoira Cultural da que se editan 15 mil exemplares que son distribuídos en Tui e Valença. Esta publicación achega tamén a programación de outono/inverno conformada por oito eventos que se celebrarán no Teatro Municipal de Tui de outubro a decembro.
Mañá xoves, 12 de xullo, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do concello terá lugar a presentación da programación cultural que se vai desenvolver na cidade dende este mes de xullo e ata decembro. Unha oferta cultural que vén recollida nun novo número da Axenda Corredoira Cultural.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, vén de remodelar as delegacións da alcaldía logo de que o concelleiro Andrés Urseira, por incompatibilidade laboral e de mutuo acordo co resto do equipo de goberno, deixará dúas das delegación que viña ocupando, como son as áreas de Deportes e Turismo. Porén seguirá ao fronte da Eurocidade e as Relacións Supramunicipais coma viña facendo dende o pasado mes de outubro.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reunirase mañá xoves, 5 de xullo, ás 10h na Delegación do Goberno na Coruña co delegado Javier Losada para abordar cuestións previas relacionada solicitude de declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil.
Mañá venres, 29 de xuño, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da III Feira do Peregrino organizada por ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.
Participarán na presentación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, os concelleiros de Comercio e Cultura, Yovana Velázquez e Eduardo Freiría, respectivamente, e o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco.
Como se comentara meses atrás, o goberno municipal de Tui aposta pola celebración do Pacto de Tui, unha festa que pon en valor a rica historia medieval da cidade vinculándoa á firma deste tratado que tivo lugar o 4 de xullo de 1137.