Gastronomía, música,deporte e natureza na VIII Festa do Miño o sábado 18 de agosto
Gastronomía, música, deporte, natureza… son parte dos ingredientes que terá o sábado, 18 de agosto, a VIII Festa do Miño.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Gastronomía, música, deporte, natureza… son parte dos ingredientes que terá o sábado, 18 de agosto, a VIII Festa do Miño.
“Coñece Tui co seu alcalde” é o título das tres visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui guiadas polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín. Trátase dun percorrido dunha hora aproximadamente
“Coñece Tui co seu alcalde” é o título das tres visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui que se van celebrar este domingo 12 de agosto, o luns 13 e o martes 14 guiadas polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín.
Trátase dun percorrido dunha hora aproximadamente que partirá ás 20.30h dende a Praza da Inmaculada. O domingo realizarase en galego, o luns en castelán e o martes en inglés. O alcalde conducirá aos asistentes polas rúas da cidade histórica.
O río Miño será o protagonista o próximo sábado, 18 de agosto, en Tui coa celebración do 47º Descenso Internacional do Miño e o 8º Descenso Popular do Miño organizado polo Club Kaiak Tudense Axuda Paramos, o Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo. As dúas probas reunirán a máis de 1400 padeeiros batendo todo un récord de participación a catro días de que se peche a inscrición.
Mañá mércores, 8 de agosto, ás 11.30 horas, fronte ao pantalán da instalación do Centro Municipal de Piragüismo de Tui, realizarase a presentación do XLVII Descenso Internacional do río Miño e do VIII Descenso Popular do Miño, probas organizadas polo Club Kaiak Tudense-Axuda Paramos, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo, que terán lugar o sábado 18 de agosto.
O próximo luns, ás 11h, terá lugar unha recepción no salón de sesións da casa do Concello de Tui aos remeiros do Club Remo do Miño Rodrigo Conde Romero e Carlota González Gil.
Rodrigo Conde vén proclamarse Campión do Mundo de Remo Olímpico na modalidade dobre Scull Sub 23 peso lixeiro na localidade polaca de Poznan.
O Comité Directivo do Consorcio do Louro, do que forma parte o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto aos representantes dos concellos de O Porriño, Mos e Salceda, Marcos Besada, na súa reunión do pasado luns día 30 de xullo, acordou prestar os servizos de baleirado de fosas sépticas, transporte e xestión dos lodos na depuradora de Guillarei.
A corporación municipal de Tui celebra mañá mércores, 1 de agosto, pleno de carácter extraordinario cun único punto na orde do día.
ORDE DO DÍA
A) Parte resolutiva:
Único.- Expediente 2489/2017.- Aprobación provisional do proxecto de modificación puntual nº 1 do PXOM no ámbito dos sectores urbanizables SU2A e SU2B, con ordenacións detalladas.
concello-de-tui-plenos-8-2018
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, emitiu un bando o 24 de maio de 2018, no que se informa que:
Tras a explosión pirotécnica en Paramos/Guillarei do día 23 de maio de 2018, estableceuse un sistema de inscrición das persoas afectadas.
Que para poder constar de forma efectiva como persoa afectada é imprescindible que se realice a inscrición nesta base de datos.
Terán que facela todas as persoas afectadas independentemente da importancia do dano sufrido, ou de que dispoñan ou non de seguro que cubra os danos.