Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A Mancomunidade do Baixo Miño convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de traballo para a cobertura temporal que poidan producirse na plantilla de conductores da MIBM

Undefined

A Mancomunidade do Baixo Miño realiza a convocatoria do proceso selectivo para a confección dunha bolsa de traballo para a cobertura temporal que poidan producirse na plantilla de conductores da MIBM que permita cubrir as necesidades temporais de persoal xurdidas, aos efectos de garantir o bo funcionamento do servizo.

O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles seguintes ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial de Pontevedra, que foi o mércores 11 de xuño de 2025.

180 nenos e nenas de 6º de Primaria convivirán na Aloiada 2025

Undefined

Un total de 180 alumnos e alumnas de 6º de sete centro educativos de Tui participarán este venres na Aloiada 2025.  Aínda que inicialmente estaba previsto que esta actividade se desenvolvese durante dous días, xoves e venres, incluíndo a noite no Aloia, debido a previsión meteorolóxica adversa para mañá xoves tivo que suspenderse por seguridade a actividade desta primeira xornada. 

Tui presente na mostra “Viquingos. Unha Ollada Desde Galicia”

Undefined

 Tui está presente na exposición exposición Viquingos. Unha ollada desde Galicia realizada polo Museo do Mar, en colaboración coa Fundación Cidade da Cultura. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asistiu onte á tarde á inauguración nun acto participaron o conselleiro de Cultura Lingua e Xuventude, Xosé Lopez, e a titular de Cultura da Junta de Andalucía, Patricia del Pozo que cede diversas pezas  esta mostra.

Mañá mércores preséntase a Aloiada 2025

Undefined

Maña mércores, 11 de xuño, ás 10 h, no edificio sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Aloiada 2025, actividade organizada por sete dos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase este xoves 12 e venres 13 de xuño, coa participación de máis de 180 alumnos e alumnas de 6º de Primaria, que estarán acompañados por ao redor de 40 profesores e profesoras dos centros participantes.

Aprobado por unanimidade o I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia do Concello de Tui

Undefined

O I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia do Concello de Tui foi aprobado por unanimidade no pleno ordinario do mes de maio. Trátase dun documento estratéxico que marca as liñas de actuación para garantir o benestar, a protección e a participación activa das nenas, nenos e adolescentes tudenses.

Este plan, elaborado en colaboración con diferentes áreas municipais, entidades sociais, familias e o propio colectivo infantil e xuvenil, recolle medidas concretas para promover os dereitos da infancia e fomentar unha cidade máis amable e inclusiva para as persoas máis novas.

Tui promociónase na 47ª Feria Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

Undefined

O Concello de Tui promociónase até este domingo na 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que foi inaugurada esta tarde. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, desprazáronse ata Silleda nesta primeira xornada dun certame feiral que é referencia tanto a nivel galego coma nacional. O Concello continúa así a súa aposta polo promoción turística do municipio, nunha campaña que comezou este ano en FITUR en Madrid e continuou coa presenza na BTL de Lisboa.

O Arquivo Municipal de Tui promove unha visita as súas instalacións con motivo da Semana Internacional dos Arquivos

Undefined

O Arquivo Municipal de Tui súmase á Semana Internacional de Arquivos 2025 (IAW2025), promovida polo Consello Internacional de Arquivos (ICA) que se celebra do 9 ao 13 de xuño, coa realización dunha visita ás súas instalacións.  Esta actividade celebrarase o vindeiro xoves, 12 de xuño, ás 12 h. Para participar é preciso realizar inscrición previa no correo electrónico: arquivo@tui.gal.

Protección Civil de Tui recibirá a medalla ao mérito de protección civil na categoría de prata

Undefined

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui vai recibir a medalla ao mérito  de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia na súa categoría de prata.

Os voluntarios tudenses veñen de ser recoñecidos con esta distinción autonómica por ter formado parte do do Continxente Galego desprazado a Valencia, tras a DINA. Tres voluntarios de Tui participarán en Valencia nos labores de reconstrución levando diverso material.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía