Radio Municipal Tui
Enderezo Colón 2, edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica ), 1º Andar. 36.700 Tui, Pontevedra
Teléfono: 986 60 37 47 e 986 60 70 55 Whatsapp: 664 06 12 00
Correos: radiomunicipaldetui@tui.gal - radiomunicipaldetui@gmail.com
Redes sociais: Facebook, Twitter
A Radio Municipal de Tui (RMT) é a estación de radio pública do concello de Tui. Comezou a emitir o 16 de abril, de 1993, no 107.4 da FM. Amais de no municipio tudense pódese sintonizar en toda a comarca do Baixo MIño, na da Louriña e no Alto Miño portugués. Actualmnete a Radio Municipal de Tui e un medio de referencia en información local de toda a comarca, cunha programación centrada na actualidade de Tui, do Baixo Miño e de Valença. Con case un cuarto de século de historia, polos estudos da Radio Municipal de Tui teñen pasado un importante número de profesionais que agora desenvolven o seu traballo en distintos medios de comunicación galegos, ou de empresas do mundo audiovisual. Conta cunha plantilla fixa de tres profesionais que desenvolven o seu labor desde o comezo das emisións: Jose Font coma director, Beti Rey coma redactora e Javier Martínez coma técnico, amais dun importante número de colaboradores. Cabe destacar os bos índices de audiencia que sempre obtivo a emisora, sendo a máis escoitada a nivel local. Na actualidade amais conta con emisión na internet e notable presencia nas redes sociais.
Instalacións
Podcast
Día a Día
Informativos